domingo, 6 de julio de 2008

Eu tamen tiven un cravo...




Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Sóio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu dia e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na Pasión.
<<>

- Pedínlle unha vez a Dios-

daime valor para arrincar dun golpe

cravo de tal condición>>
E deumo Dios, e arrinquieno;
Mais...¿Quén pensara...? Despois
xa non sentin mais tormentos
nin soupen que era delor;
Soupen só que non sei que me faltaba
Onde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena... ¡ Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡ Quén o entenderá, Señor...!

¡Ai, ai, Rosalia...!

No hay comentarios: